viernes, 5 de diciembre de 2014

Proxecto 1ª Avaliación

PROXECTO 1ª AVALIACIÓN

Mariana de Pineda Muñoz
Datos biográficos
Temos o placer de que o representante da Facultade de Historia atópese hoxe connosco para ofrecernos unha entrevista.
- Bo día señor.
+ Bo día xente:
Síntome moi orgulloso de poder estar aquí representando á Facultade de Historia.
- ¿Sería posible que nos falase un pouco acerca de Mariana de Pineda?
+ ¡Por suposto que sí muller, faltaría máis! Ó fin e ó cabo é para iso ó que veño, ¿non?
Bueno pois en primeiro lugar teño que dicir que o seu nome completo é Mariana Rafaela Gila Judas Tadea Francisca de Paula Benita Bernarda Cecilia de Pineda Muñoz, máis coñecida como Mariana de Pineda Muñoz.
- ¡Ai meu Deus! Pero que nome tan largo ten.
Aquí mostrámoslles algunhas fotos de Mariana.



- Como podedes observar, a primeira imaxe é un cadro, pintado por Juan Antonio Vera Calvo no 1862..
+ Tes toda a razón do mundo.
Ela naceu o 1 de setembro de 1804 en Granada e morreu o 26 de Maio de 1831, na súa terra natal.
- ¿E iso? ¿Como é que a pobre muller morreu a unha idade tan temprana?
+ Pois verás, isto ocorreu debido a que defendeu a libredade e igualdade ó coser unha bandeira española co lema: "Ley, Igualdad, Libertad"
- É unha pena que a xente quera cambiar a forma tan primitiva de pensar daqueles tempos, e por iso remate asasinada.
+ É verdade, ela intentaba cambiar o sistema político que había naquela época, é dicir, no s.XIX., xa que sea época, o sistema de goberno era absolutista. Esta é a suposta recontrucción da bandeira de Mariana de Pineda.



No hay comentarios:

Publicar un comentario